RUTAS MP3 - Concello de Mondariz Balneario - rutas mp3
 
     Galego Accesible  Galego  Castellano  English
Concello de Mondariz-Balneario
Enlace a www.mondarizbalneario.es
Inicio
Información
Ruta 1
Ruta 2
Ruta 3
Vídeo
Enlaces
Descarga as audioguías
Audio da ruta 1
Audio da ruta 2
Audio da ruta 3

Benvido


Agora tes a oportunidade de descargar a túa ruta turística en mp3, en diversas linguas e sen esforzo.

Rutas mp3! audioguías creadas para ser descargadas e escoitadas sen restricións. Elixe que visitar, que coñecer, onde deterte...dun xeito diferente, cómodo e sinxelo. Ti es quen elixe como e cando queres descubrir Mondariz Balneario.

Nesta páxina tes a túa disposición:

  • Aproximadamente hora e media de audio en castelán, galego e inglés ao longo de tres rutas:
    • Ruta nº 1: Mondariz Balneario
    • Ruta nº 2: De Troña a Sobroso
    • Ruta nº 3: Mondariz-Covelo
  • Mapas das rutas cos principais puntos de interese para guiarte e que non te perdas no teu percorrido
  • Historia, lendas, arte, anécdotas, gastronomía... todo o que necesitas saber para disfrutar da túa visita

Descárgate o mapa das rutas e percorre a zona ao teu ritmo, co teu reprodutor mp3. Se prefires descargar as rutas in situ, so terás que achegarte á Casa do Concello de Mondariz Balneario. Alí disporás na biblioteca dun ordenador que che permitirá descargalas.

Sobre rutas MP3

Que é o proxecto Rutas mp3?
É un proxecto que xurde co obxectivo de dar resposta ás novas necesidades que os turistas demandan, solucións máis personalizadas, cómodas e rápidas.

Que se pretende con el? En que consiste?
O proxecto Rutas MP3 vai permitir que os visitantes que queiran coñecer Mondariz Balneario dispoñan dunha nova oferta turística innovadora e de calidade. Tratase do deseño de guías turísticas auditivas en formato mp3, que os usuarios poderán descargar a través de calquera reprodutor MP3, ben na orixe, é dicir a través desta páxina web creada para o proxecto ou ben en destino desde un ordenador na Oficina de turismo do propio Concello.

De onde xurdiu a idea?
O reprodutor MP3 resulta un gran compañeiro de viaxe, porque:

  • Xa é de uso habitual e existen millóns de unidades
  • Hai unha gran variedade deles, con capacidade moi diversa, e ademais,
  • O formato mp3 pode ser reproducido en teléfonos móbiles ou PDA

Este proxecto está liderado polo Concello de Mondariz Balneario xunto co asesoramento continuo do Axente Privado da Innovación, dhuman consultores. A concesión dunha axuda da Xunta de Galicia, dentro do programa: Concellos dixitais 2008-2009, que conta coa cofinanciación do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, o plan Avanza e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. permitiu realizar o proxecto.

Cales son as principais características do produto?

  • As rutas son retransmitidas a tempo real. A medida que o/a turista vai camiñando, un narrador vaille relatando a información sobre a ruta.
  • As rutas están dispoñibles, en galego, castelán e inglés.
  • A través dun sistema de pistas o turista pode parar, adiantar ou rebobinar a grabación, sempre que o desexe, adaptándose ao seu ritmo.
  • A alta calidade dos contidos dos arquivos a descargar e a integración de todas as rutas nunha mesma web, confírenlle ao proxecto un carácter diferenciador.

Cantas rutas inclúe este proxecto?
O proxecto inclúe as seguintes rutas:

  • Ruta nº 1: Mondariz Balneario
  • Ruta nº 2: De Troña a Sobroso
  • Ruta nº 3: Mondariz-Covelo

Cal é a dificultade media das rutas?
Todas as rutas incluídas no proxecto se caracterizan por ser de dificultade baixa e de fácil acceso.

Rutas

Mondariz Balneario
Ao longo deste sinxelo percorrido por Mondariz Balneario coñecerás lugares emblemáticos, históricos e naturais, como a Capela de San Pedro, o Gran Hotel, o complexo balneario, as fontes termais, etc. É unha ruta de aproximadamente 4 Km., que comeza no complexo termal e remata na fonte de Troncoso.

Descarga a audioguía Descarga o mapa en pdf e gpx Descarga o mapa coas imaxes para google earth en kmz Descarga o arquivo cos pois para un gps garmin compatible con mp3

Preme na imaxe para aceder á galería de imaxes xeorreferenciadas da ruta.
Galería de imaxes xeorreferenciadas da ruta 1

Rutas

De Troña a Sobroso
Nesta ruta descubrirás interesantes restos arqueolóxicos e monumentos de gran importancia histórica. Partindo de Mondariz Balneario, chegarás ao Castro de Troña para rematar no Castelo de Sobroso.

Descarga a audioguía Descarga o mapa en pdf e gpx Descarga o mapa coas imaxes para google earth en kmz Descarga o arquivo cos pois para un gps garmin compatible con mp3

Preme na imaxe para aceder á galería de imaxes xeorreferenciadas da ruta.
Galería de imaxes xeorreferenciadas da ruta 2

Rutas

Mondariz-Covelo
A través desta ruta coñecerás unha zona chea de espiritualidade e de historia. Visitarás os edificios e monumentos relixiosos máis destacados dos arredores de Mondariz Balneario, como a casa reitoral de Barcia de Mera ou o cruceiro dos aflixidos, do mestre Cerviño, e ademais poderás deterte a descansar nas praias fluviais de Ceo ou Maceira.

Descarga a audioguía Descarga o mapa en pdf e gpx Descarga o mapa coas imaxes para google earth en kmz Descarga o arquivo cos pois para un gps garmin compatible con mp3

Preme na imaxe para aceder á galería de imaxes xeorreferenciadas da ruta.
Galería de imaxes xeorreferenciadas da ruta 3

Vídeo

Enlaces

turgalicia
esgalicia (casas de turismo rural)
riasbaixas (páxina web de turismo das rías baixas)
turismoenpontevedra
agarimo (turismo rural das Rías Baixas)
infogalicia
turismogalicia
agalicia (páxina da unión de profesionais do turismo)
galitursport (turismo activo)
turismourense (páxina de turismo de Ourense)
lugotur (páxina de turismo de Lugo)
balnegal (os mellores balnearios de toda Galicia)
senderosdegalicia (rutas de sendeirismo por Galicia)

Concello da Moi hospitalaría Vila de Mondariz Balneario R/Constitución 1 - concello@mondarizbalneario.es - Tel.: 986 656 136 Fax: 986 662 061