Concello de Mondariz-Balneario
Escudo do concello de Mondariz-Balneario
Inicio
Información
Ruta 1
Ruta 2
Ruta 3
Vídeo
Enlaces
Descarga as audioguías
Audio da ruta 1
Audio da ruta 2
Audio da ruta 3

Benvido


Agora tes a oportunidade de descargar a túa ruta turística en mp3, en diversas linguas e sen esforzo.

Rutas mp3! audioguías creadas para ser descargadas e escoitadas sen restricións. Elixe que visitar, que coñecer, onde deterte...dun xeito diferente, cómodo e sinxelo. Ti es quen elixe como e cando queres descubrir Mondariz Balneario.

Nesta páxina tes a túa disposición:

  • Aproximadamente hora e media de audio en castelán, galego e inglés ao longo de tres rutas:
    • Ruta nº 1: Mondariz Balneario
    • Ruta nº 2: De Troña a Sobroso
    • Ruta nº 3: Mondariz-Covelo
  • Mapas das rutas cos principais puntos de interese para guiarte e que non te perdas no teu percorrido
  • Historia, lendas, arte, anécdotas, gastronomía... todo o que necesitas saber para disfrutar da túa visita

Descárgate o mapa das rutas e percorre a zona ao teu ritmo, co teu reprodutor mp3. Se prefires descargar as rutas in situ, so terás que achegarte á Casa do Concello de Mondariz Balneario. Alí disporás na biblioteca dun ordenador que che permitirá descargalas.

Concello da Moi hospitalaría Vila de Mondariz Balneario R/Constitución 1 - concello@mondarizbalneario.es - Tel.: 986 656 136 Fax: 986 662 061