Concello de Mondariz-Balneario
Escudo do concello de Mondariz-Balneario
Inicio
Información
Ruta 1
Ruta 2
Ruta 3
Vídeo
Enlaces
Descarga as audioguías
Audio da ruta 1
Audio da ruta 2
Audio da ruta 3

Sobre rutas MP3

Que é o proxecto Rutas mp3?
É un proxecto que xurde co obxectivo de dar resposta ás novas necesidades que os turistas demandan, solucións máis personalizadas, cómodas e rápidas.

Que se pretende con el? En que consiste?
O proxecto Rutas MP3 vai permitir que os visitantes que queiran coñecer Mondariz Balneario dispoñan dunha nova oferta turística innovadora e de calidade. Tratase do deseño de guías turísticas auditivas en formato mp3, que os usuarios poderán descargar a través de calquera reprodutor MP3, ben na orixe, é dicir a través desta páxina web creada para o proxecto ou ben en destino desde un ordenador na Oficina de turismo do propio Concello.

De onde xurdiu a idea?
O reprodutor MP3 resulta un gran compañeiro de viaxe, porque:

  • Xa é de uso habitual e existen millóns de unidades
  • Hai unha gran variedade deles, con capacidade moi diversa, e ademais,
  • O formato mp3 pode ser reproducido en teléfonos móbiles ou PDA

Este proxecto está liderado polo Concello de Mondariz Balneario xunto co asesoramento continuo do Axente Privado da Innovación, dhuman consultores. A concesión dunha axuda da Xunta de Galicia, dentro do programa: Concellos dixitais 2008-2009, que conta coa cofinanciación do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, o plan Avanza e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. permitiu realizar o proxecto.

Cales son as principais características do produto?

  • As rutas son retransmitidas a tempo real. A medida que o/a turista vai camiñando, un narrador vaille relatando a información sobre a ruta.
  • As rutas están dispoñibles, en galego, castelán e inglés.
  • A través dun sistema de pistas o turista pode parar, adiantar ou rebobinar a grabación, sempre que o desexe, adaptándose ao seu ritmo.
  • A alta calidade dos contidos dos arquivos a descargar e a integración de todas as rutas nunha mesma web, confírenlle ao proxecto un carácter diferenciador.

Cantas rutas inclúe este proxecto?
O proxecto inclúe as seguintes rutas:

  • Ruta nº 1: Mondariz Balneario
  • Ruta nº 2: De Troña a Sobroso
  • Ruta nº 3: Mondariz-Covelo

Cal é a dificultade media das rutas?
Todas as rutas incluídas no proxecto se caracterizan por ser de dificultade baixa e de fácil acceso.

Concello da Moi hospitalaría Vila de Mondariz Balneario R/Constitución 1 - concello@mondarizbalneario.es - Tel.: 986 656 136 Fax: 986 662 061